Os seguintes exemplos non son máis que unha pequena achega para contrastar ideas no eido dos arranxos percusivos. Son xeitos persoais de facer algo que se axuste aos temas, de maneira que eses ritmos e combinacións tímbricas formen parte inseparable do son da peza. Aínda que cada persoa reflicte a súas influencias sonoras, creo importante fuxir dos tópicos rítmicos e tímbricos que lle restan personalidade ao traballo musical dun grupo, e consideralos soamente como unha opción cando estean esgotadas outras ideas. Sobre o tema dos tópicos harmónicos sempre me gusta citar o libro recopilatorio de Bartok, Escritos sobre música popular, onde advirte do erro de crer que a música popular soamente admite harmonías moi sinxelas. Tamén sinala que a falla de estereotipos harmónicos nas melodías tradicionais permite unha grande liberdade de movemento nos arranxos.
Para comezar, esta é a representación dos sons no pentagrama:
Escribe un comentario